Sono ou realidade?

Sono ou realidade?

miércoles, 13 de abril de 2016

BIBLIOGRAFÍA DE ROBERTO PARMEGGIANI E JOÃO VAZ DE CARVALHO

“A avoa adormecida” é un libro apaixonante escrito por Roberto Parmeggiani e ilustrado por João Vaz de Carvalho. Ámbolos dous conseguen acercar ao lector infantil a unha fermosa historia chea de emocións e sentimentos.
É por isto que vos queremos falar un pouco deles, e así, facervos ver a necesidade de penetrarse neste mundo cheo de imaxinación e de cariño.



 [1]







Roberto Parmeggiani, como ven dixemos anteriormente, é o encargado de escribir esta fermosa historia. Naceu en Bolonia, no ano 1976, e licenciouse en Ciencias da Educación pola Universidade de Bolonia. No tocante a súa vida laboral, é o presidente da Associazione Centro Documentazione Handicap, que xestiona una biblioteca especializada en discapacidade e voluntariado, e traballa con persoas discapacitadas realizando labores de animación educativa para así favorecer a súa integración. Tamén imparte cursos de formación para profesionais do sector da educación. Outra labor que fai é a de facer visitas as escolas, inculcando nelas ao alumnado que canto nos diferenza tamén nos enriquece. Pero a súa relación co mundo infantil e xuvenil non remata aquí, senón que tamén é autor de diversos libros, os cales clasificamos en base a un criterio idiomático:

Obras traducidas ao galego e/ou ao español:

  • “El tiempo más bello. Un día en Venecia”. (“Il tempo più bello. Un giorno a Venezia”). Narra a historia dun neno chamado Lucio e o seu avó Gabriel. Os dous xuntos recorren as fermosas rúas de Venecia e gozan da compaña mutua.
Il tempo più bello. Un giorno a Venezia. Ediz. spagnola


Obras non traducidas ao galego e/ou ao español:
  • “La lezione degli alberi”. Narra a historia de Henry, un neno que lle pide axuda ao seu mestre Dino para intentar comprender o por qué de que a súa compañeira de clase Paola non fale.

  • “Mi fido di te”. Narra a historia de Luigi, un xoven e inexperto catecista que no seu primeiro encontro con nenos decide contarlles unha fermosa historia sobre María e o seu fillo Xesús.

nonni al mare 1
  • “Di là” (“Dende alí”). Narra a historia dun neno de 8 anos que se ve envolto nun grande e repentino silencio por parte dos adultos que o rodean debido á morte do seu pai. Stefano, o neno, non entende por qué tanto misterio e se interna nunha viaxe en busca da verdade, a través da observación da realidade e o uso da imaxinación, que lle levará a descubrir o lugar no que se atopa seu pai.

prova0



Todos estes libros son enriquecedores de sabedoría, con temáticas tan reais e actuais como a discapacidade, a relixión, ou como vemos no último libro que amosamos, e que comparte temática co libro que escollemos para crear este blog (“A avoa adormecida”): a morte.
Roberto Parmeggiani intenta (e o consegue) cos seus textos acercar aos nenos a unha realidade cotiá, ca que se poidan sentir identificados ou da que poidan aprender cousas novas, concienciándolles así de que todos somos iguais aínda que sexamos diferentes, de que hai que respectar aos demais tal e como son, e tal e como pensan, e de que o sentimento de perda é un sentimento normal que non hai que reprimir nin agochar. É algo natural, é o ciclo da vida e non podemos facer da morte un tema tabú para os nenos, xa que estes tamén senten a perda coma os adultos, a diferenza de que eles non a conciben da mesma maneira.

















Por outra banda está João Vaz de Carvalho que é o ilustrador e polo tanto creador de tan fermosos debuxos. El naceu en Fundão, Portugal, no ano 1958. Estudou pintura no taller de Vasco Berardo, en Coimbra. No tocante a súa labor profesional, dicir que foi colaborador de revistas como Marie Claire ou Pais e Flihos, entre outras. Tamén dedícase a ilustrar albumes infantís e portadas de libros para varias editoriais. Ademais a súa obra participou en diversas exposicións e foi galardoado na Bienal Internacional de Ilustración Infantil 2005, en Barreiro (Portugal).
Igual que fixemos co autor, clasificamos os álbums en base a un criterio idiomático; así pois, algúns dos álbums dos que é creador das súas ilustracións son:

Obras traducidas ao galego e/ou ao español:

  • “28 historias para rir”. Narra a historia dun rato de exquisitos manxares que, indeciso ante a abundancia quédase sen probar ningún; un neno que non se mete o dedo no nariz porque quere ser o máis educado do mundo; e así ata “28 historias para rir”.


  • “Na punta do pé”. Libro-cd-dvd para aprender cantigas, bailes e xogos da tradición galega, portuguesa e mirandesa, co obxectivo de recuperar o espírito lúdico das festas, cun enfoque didáctico e participativo.

Resultado de imagen de na punta do pe
  • "O carnaval dos animais”. Dende os animais de curral aos felinos, pasando polos seres acuáticos e voadores. Toda a fauna do mundo reunida para celebrar o aniversario do Rei León.


As ilustracións de João Vaz de Carvalho son alegres, cheas de colorido, sinxelas pero a súa vez cheas de detalles, que animan ao lector e o acercan dunha forma extraordinaria á lectura. Potencian a imaxinación e axudan realmente a sentir desexo por coñecer por completo a historia.

Esta mestura entre un texto poético, con estruturas acumulativas incluídas, que desprende tenrura para afrontar o tema da perda sen asolagarnos de tristura e unhas imaxes aparentemente sinxelas que nos envolven e nos amosan a dureza da realidade dunha forma fantástica e chea de maxia, é o que fai que a lectura do álbum ilustrado “A avoa adormecida” sexa emocionante e a súa vez imprescindible para xerar diálogo familiar sobre ese tabú que é a morte na sociedade de hoxe en día.

No hay comentarios:

Publicar un comentario