Sono ou realidade?

Sono ou realidade?

jueves, 5 de mayo de 2016

TEÑO MEDO OU TRISTEZA?

Con esta proposta buscamos un achegamento dos nenos ao mundo das emocións.

O ser consciente das emocións permítenos saber coma nos sentimos e, á vez, nos axuda a gozar das emocións agradables e a regular as desagradables, que a miúdo poden converterse nunha fonte de conflitos múltiples. Para que isto sexa posible no caso dos nenos e nenas, é preciso traballar con eles estas cuestións dende idades tempranas. Así, coa bagaxe que vaian adquirindo ao longo da súa infancia, poderán xestionar dun mellor modo as distintaas emocións e sentimentos que os aborden no seu día a día.

Neste caso queremos traballar as emocións de tristeza e medo, pois no álbum o neno mostra estas emocións conforme se desenvolve a historia, pasando de botar moito tempo e vivir aventuras emocionantes coa súa avoa, a ver como esta queda sumida nun profundo sono do que non vai espertar.
O tema da enfermidade e a morte pode parecer un tanto conflitivo de tratar con pequenos e pequenas de curta idade. Sen embargo, é preciso abordalo para que poidan expresar as súas dúbidas, desconcertos e medos, e así facernos coñecedores/as deles e atender dun mellor xeito ás súas necesidades. Deben comprender que a morte é un proceso natural, pero que iso non quita que nos invada a tristeza, a pena ou o medo.

Por todo isto levamos a cabo a planificación de actividades que poden axudarnos a trasladar estos temas á nosa aula. Todas elas teñen un fío conductor (ademais da propia historia do álbum ilustrado) que as relaciona entre sí: as emocións de tristeza e medo.

En canto aos obxectivos da nosa proposta, resúmense nos seguintes:

Obxectivos específicos:
Ø  Adquirir un coñecemento das propias emociones.
Ø  Coñecer o seu propio corpo, e os de outras persoas, as súas posibilidades de acción e aprender a respectar as diferenzas.
Ø  Desenvolver as súas capacidades afectivas.
Ø  Identificar as emocións dos demais.
Ø  Desenvolver a habilidade para regular as propias emocións.
Ø  Previr os efectos nocivos das emocións negativas.
Ø  Desenvolver a habilidade de automotivarse e adoptar una actitude positiva ante a vida.




ACTIVIDADE 1 


Título:O dado das emocións”.

Plantexamento: Constrúese un dado no que cada lado será unha imaxe do álbum no que se represente unha emoción diferente.
Cos nenos sentados en círculo, cada un e por orde, vai tirando o dado e terá que imitar a cara que aparece no dado, e dicir, se corresponde cunha emoción alegre ou más ben triste.
Pódese complementar pedíndolles que citen aquelas situacións que lles provoquen tristeza, deste xeito poderemos potenciar a ampliación da linguaxe, mellorar os actos de comunicación, manter unha mellor interacción co grupo e, sobre todo, facer unha observación individualizada acerca das inquedanzas dos nosos alumnos e alumnas. 

Materiais:
Ø  Dado de cartón.
Ø  Imaxes do conto para pegalas nas caras do dado.

Obxectivos:
Ø  Coñecer as emocións.
Ø  Coñecer o propio corpo.
Ø  Aprender as figuras xeométricas.

Agrupamento: Esta actividade está planeada para facerse en gran grupo, todos xuntos en círculo.

Duración: A duración da actividade será dun 15 minutos aprox.

Representación gráfica:




ACTIVIDADE 2


Título:¿Que me fan sentir os sonos?”.

Plantexamento: No álbum, a avoa do protagonista pasa moito tempo na cama e o neno, axudado pola súa nai, imaxina o que pode estar soñando como, por exemplo, que un príncipe ven por ela e cun bico marchan os dous felizmente a lomos do seu cabalo. 

Os nenos irán contando sonos que tiveran algunha noite que lles provocaran medo ou tristeza, e pintarán nun folio o que se imaxinaron aquel día. Logo se falará dos debuxos deixando que cada un explique o que debuxou e o seu por qué. Como broche final, poderanse expoñer as diferentes creacións pola aula.

Materiais:
Ø  Folios.
Ø  Pinturas.

Obxectivos:
Ø  Coñecer as emocións de tristeza e medo.
Ø  Adquirir coordinación manual.
Ø  Adquirir motricidade fina.
Ø  Motivar a imaxinación.

Agrupamentos: A actividade comezará en gran grupo cando falen dos seus medos, o momento de plasmar os seus sonos de forma gráfica convén que se faga de forma individual. Para rematar poderemos facer unha posta en común onde os nenos e nenas poidan explicar ante todos e todas o significado que teñen as súas creacións. Ou, tamén, poderíamos facelo dun xeito un pouco máis lúdico imaxinando o que os compañeiros/as tratan de expresar con elas. 

Duración: Esta actividade está planeada para que dure uns 15 minutos, divididos en dúas fases; 10 minutos falando sobre os sonos onde tiveron medo ou tristeza, e 10 minutos para facer o debuxo.

Representación gráfica:



ACTIVIDADE 3

Título: “As expresións da avoa”.

Plantexamento: Daráselle a cada neno un prato de plástico en forma de círculo que conforma a cara da avoa. Despois de explicar e falar das emocións de tristeza e medo, terán que formar emocións na cara da avoa segundo lles vaiamos pedindo.  (A avoa está triste, entón os nenos poñeranlle as expresión da cara correspondentes).

Os ollos serán dous círculos pequenos,  a nariz un triángulo, as cellas rectángulos e a boca un semicírculo. Con esta actividade poderemos traballar máis dun centro de interese (a parte das emocións) como poden ser: as cores, as formas xeométricas, o esquema corporal, etc.

Materiais:
Ø  Prato de plástico.
Ø  Figuras de cartón.

Obxectivos:
Ø  Coñecer as diferentes emocións.
Ø  Mellorar a coordinación óculo-manual.
Ø  Coñecer as figuras.
Ø  Desenvolver a motricidade fina.

Agrupamentos: Esta é unha actividade para realizar de forma individual, aínda que lóxicamente sempre debemos basearnos nunha planificación flexible e aberta a cubrir as distintas demandas do grupo clase.

Duración: Esta actividade está deseñada para traballar durante uns 10 minutos aprox.

Representación gráfica:





AVALIACIÓN


Cremos que para avaliar unha cuestión tan subxectiva coma as das emocións debemos empregar un instrumento flexible, que nos permita realizar unha reflexión acerca dos aspectos acadados tras a realización das actividades. 

      No noso caso pensamos que a observación directa é unha das mellores formas de levar a cabo dita avaliación. Desta forma poderemos ir tomando apuntamentos a medida que o precisemos, e máis tarde, ver de forma global os avances feitos ou o camiño que ainda queda por percorrer. Son os nenos e nenas quenes nos irán indicando, a través das súas manifestacións (gráficas, orais, artísticas, xestuais), os acertos ou necesidades que se van dando.

       As observacións e valoracións realizadas avaliaranse con documentación sobre a práctica docente e as experiencias na aula. A valoración do proceso de aprendizaxe expresarase en termos cualitativos, recollendo os resultados efectuados polo alumnado nas actividades.
    
    Tras facer unha análise detallada poderemos recadar toda a información que nos foi posible recompilar ao longo de todo o proceso. Así poderemos realizar un instrumento de avaliación estandarizado para que queden reflexados todos os resultados, por exemplo, mediante unha escala de observación. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario