Sono ou realidade?

Sono ou realidade?

viernes, 22 de abril de 2016

AS NOSAS RECOMENDACIÓNS


Seguramente, moitos dos libros que lemos transpórtanos a historias semellantes vividas ao longo da nosa vida. Como educadoras cremos na importancia de dispoñer e aproveitar todos aqueles recursos que nos poden axudar á hora de poñernos ao fronte dunha aula. É por elo que, a literatura pode ofrecernos infinitas posibilidades para abordar todos aqueles temas que nos interesen.

Traballar a partir das historias que se nos presentan tanto en libros como en álbums ilustrados parécenos unha das formas máis enriquecedoras, eficaces e interesantes. Cada libro pode facer que nos sintamos identificados cos personaxes, as historias, os lugares, etc que nel aparece.

É así como poderemos tratar de solventar tanto as necesidades como as problemáticas, curiosidades, medos, dubidas... que poidamos observar dentro da nosa aula. Debemos recordar que os muros da escola non eliminan todas estas cuestións. A escola está estreitamente conectada co seu entorno, co mundo que viven día a día os nosos pequenos.

Como sabedes, o libro co que estabamos a traballar trata diferentes temas cotidiáns que calquera de nós pode chegar a vivir algunha vez. Cuestións como a relación entre avós e netos, enfermidades ou a perdida de seres queridos non deben deixarse a un lado cando tratamos con nenos e nenas.

Son cuestións que lle poden xerar dúbidas. Tal vez non sexan capaces de entender o por qué das mesmas. Tamén poden despertar comportamentos novos ata o momento.

Como mestras debemos prestar atención, ser capaces de observar, de analizar todo aquelo que nos de indicios sobre as posibles necesidades que poidan estar tendo. Hoxe en día coa superpoboación que vivimos nas aulas do noso país pode resultar difícil tal vez, detectar as necesidades individuais pero, non é imposible. Basta con poñerlle ganas e interese.

A continuación presentámosvos un listado de contos que tratan temas semellantes ao de “A avoa adormecida”. Nun primeiro momento, e sendo sinceras, non esperábamos atopar tanta variedade de exemplares dentro desta temática.

 

RAMÓN, E. & OSASUNA, R. (2004).  ¡No es fácil, pequeña ardilla! Pontevedra: Kalandraka.

Superar a perda dalgún ser querido non é nada sinxelo, e esta intelixente dun modo natural a experiencia da morte. Un pequeno esquío vive o seu particular duelo, tras a morte da súa nai, onde inevitablemente aparecen historia contada con gran elegancia convida aos nenos e nenas a que perciban sentimentos de ira, tristeza,... Tan triste se sente que pensa que nunca xamais volverá ser feliz. E aínda que con esta historia poida que os nenos sintan certo desasosego, irán comprendendo páxina a páxina como o pequeño esquío é capaz de ir superando o seu propio duelo.

Este álbum ilustrado conta cunhas ilustracións en tons cálidos e suaves, que lle achegan un enfoque estético, armónico e sereno, facendo del un aliado perfecto para traballar nunha aula de infantil e dar aos alumnos e alumnas respostas a preguntas existenciais sobre o sentido da vida.

..................................................................................................................................................


TORO, G. & FERRER, I. (2006). Una casa para mi abuelo. Madrid: Sins Entido.

Unha familia sae de paseo en busca dun lugar para enterrar ao avó. Tras moito buscar, atopan o lugar perfecto, un campo cheo de xirasoles. Alí darán sepultura ao avó, pero á vez tamén construirán sobre a tumba unha nova casa onde todo continuará vivindo.

Esta historia, contada dunha forma simbólica e sutil, fálanos sobre os recordos e os seres queridos que permanecen nas nosas vidas. Así pois, permítenos traballar na aula de infantil o tema da morte desde diferentes perspectivas, a través dunhas ilustracións cheas de carácter, con personaxes afables que percorren o ciclo da vida.

..................................................................................................................................................


BLEY, A. (2009). ¿Qué viene después de mil?: un cuento ilustrado sobre la muerte. Barcelona: Takatuka.

Baixo este título atopamos unha historia cargada de amor e de tenrura que non deixa indiferente a ninguén. A súa beleza é comparable á súa dureza. Lisa é unha nena que mantén unha estreita relación máxica co seu amigo Otto, unha persoa maior, xardineiro,  coa que pasa moito do seu tempo libre. O título deste álbum ilustrado fai referencia a unha das moitas cousas que facían xuntos, contar as estrelas. 

Na historia descóbrese unha relación fascinante entre Otto e a pequena Lisa. O maior ensínalle infinidades de cousas do mundo que os rodea, e gozan de momentos marabillosos xuntos.  Vemos nel unha persoa doce, cariñosa, sabia e aínda por riba, xeneroso xa que comparte con lisa toda a súa sabedoría.

Toda estas fantásticas aventuras un día vense truncadas, ao caer Otto enfermo e sen ganas de saír. Así pasa un día e otro, ata que acontece o inevitable... Otto morre. A pequena Lisa non é capaz de comprender todo o que está a acontecer, todo se chea de tristeza e ela pensa que a Otto iso non lle gustaría.

Como é lóxico, Lisa comeza a botar de menos a Otto e dentro dela aparece un sentimento de rabia. Síntese baleira e sola. Ao seu lado podemos ver a figura da súa nai Olga, quen trata de recompoñer á pequena. Sen embargo, é a muller de Otto a que lle axuda a comprender que, aínda que perdamos a alguén importante para nós, non desaparece de todo, aínda que non a poidamos ver, seguirá estando nos nosos corazóns.

A beleza deste álbum ilustrado, como mencionamos ao principio, parécenos impresionante. Non só pola beleza e tenrura das imaxes, e as súas cores que acompañan, en todo momento, os sentimentos aos que se nos vai levando a medida que vamos avanzando na historia. Senón que, tamén, vemos un vínculo tan asombroso e sinceiro entre os dous protagonistas do relato.

Un dos temas cos que podemos traballar e relacionar este álbum (a parte da enfermidade e a morte), é a relación que, a sociedade en xeral e os máis novos e novas en particular, manteñen cos máis maiores. Moitas veces coñecemos casos de persoas de avanzada idade abandoados polas súas familias, ou que, simplemente, senten que son un estorbo. Con este tipo de historias podemos fomentar dentro dunha aula a importancia que ten pasar tempo con eles, aprender das súas experiencias e tratar de facer que se sintan escoitados, valorados e atendidos, así como eles fixeron con nós durante toda a nosa vida (aínda que, as veces, se nos esqueza).

..................................................................................................................................................

JEKKERS, H., MEINDERTS, K. & GROBLER, P. (2011). La balada del rey y la muerte. Argentina: Adriana Hidalgo Editora.

Un rei moi poderoso quere comprender por qué morren as persoas. Non entende que nos tempos nos que vivimos aínda non se atopou un remedio para iso e comina aos seus sabios a desfacerse dela, pois el non quere morrer. Cun bo plan, logran capturar á morte, pero aquilo que parece tan bo e divertido, a vida eterna, talvez non o sexa tanto.

Un álbum ilustrado que aborda e desmitifica o universal tema da morte dunha maneira lúdica á vez que desdramatizada. Unha historia que aborda o tema cara a cara, a modo de fábula, e que permite aos nenos verbalizar aquelas cuestións que se lles expoñen e que necesitan compartir para seguir crecendo e madurando.

..................................................................................................................................................



CANAL, E. & WENSELL, U. (2011). Un poema en la barriga. Oxford.

Como futuras mestras vemos neste álbum un claro exemplo da importancia da observación na aula. A través das súas páxinas vemos como un neno chamado Babalú non se atopa ben. A súa mestra e os seus compañeiros observan que non fala e non xoga, e ninguén sabe o motivo. Tras investigar o que lle pasa a Babalú, descobren que o seu avó morreu, de ahí o malestar, a pena e atristeza do pequeno Babalú.

Tras unha forte dor de barriga, Babalú expulsa un poema manuscrito adicado ao seu avó. Nel mostra os seus sentimentos, e expresa o moito que o bota de menos. Estos poemas son compartidos coa súa mestra e os seus compañeiros e compañeiras. Deste xeito, chega á conclusión de que, por medio da poesía, sempre poderá notar presente ao seu avó.

Parécenos un libro fantástico do que nós, coma mestras, podemos aprender moito. Os nenos e nenas non saben xestionar todas as súas emocións, e polo tanto, debemos prestar atención aos pequenos detalles, cambios ou actitudes que nos chamen a atención. Moitas veces esa é a única forma de expresar e “cuspir” todo aquilo que levan dentro, como lle pasa ao protagonista desta historia.

Ademáis, é admirable a solidariedade que mostran tanto a mestra como os seus propios compañeiros e compañeiras. Polo que tamén estamos traballando as diferentes relacións e vínculos afectivos que se establecen dentro da escola. Fomentando, deste xeito, valores como a empatía, comprensión e xenerosidade, tan importantes cando se trata de formar persoas, é dicir, do noso traballo.

..................................................................................................................................................



TECKENTRUP, B (2013). El árbol de los recuerdos. Nubeocho.

Este libro narra dunha forma moi coidada e delicada a morte. A través do seu personaxe principal, o zorro, vemos como se pode vivir a perda dun ser querido. A pesares de non mencionar dun xeito específico a palabra "morte", a metáfora que emprega a autora parécenos moi adecuada e descritiva xa que relaciona a morte cun sono infinito.

Este recurso permite que, os nenos e nenas, poidan chegar a comprender o que pasa cando alguén "cae durmido para sempre".

O recordo que os amigos de zorro gardan del cobran vida por medio dunha árbore que vai medrando e medrando cada vez que os animais recordan a zorro, no mesmo sitio onde decidiu botar a súa derradeira sonecada.

Con este álbum podemos comprobar que non é tan custoso ou duro tratar a perda dun ser querido cos máis pequenos. Moitas veces, os adultos, soemos evitar adentrarnos nesta ardua tarefa de dar resposta ás cuestións que os pequenos e pequenas fan ao respecto. Polo tanto, créase un tabú que pode ocasionar (máis aínda) conflitos internos. A través da literatura e, en concreto, deste álbum, pódese tratar de superalos.

A beleza coa que se narran os recordos que os amigos de zorro teñen de el, transmite que, aínda que non vaiamos a ver a un ser querido de maneira física, non significa que vaia a desaparecer dos nosos corazóns. Parécenos que, en vez de facer unha traxedia do falecemento de alguén , débese abordar de forma positiva, como neste caso fai a autora da obra.

As ilustracións que se nos presentan teñen de fondo cores claras que achegan calma e, sobre elas destaca a brilante cor laranxa de zorro, así como a da árbore que nace no seu lugar.

..................................................................................................................................................


VOLTZ, C. (2008). A caricia da bolboreta.(Emma Lázare Rodríguez trad.) Pontevedra: Kalandraka.

O autor nesta obra trata a típica pregunta que se pode facer un neno/a pequeno cando vive a perda dun ser querido. Nesta ocasión trátase da perda dunha avoa, como no albume ilustrado que da o nome a este blog. Durante a obra móstrase as conversas  que ten un avó co seu neto no xardín (o lugar preferido da avoa), imaxinando onde pode estar esa persoa querida que faleceu. Quizais moitos de nós pensemos que ese tipo de conversas son duras, pero nesta obra trátase o cun toque de humor moi peculiar, pero ó mesmo tempo con gran tenrura. O avó vaille contando ó neno as diferentes opinións ou crenzas que ten a xente sobre o que ocorre despois da morte.

Pero tras descartar todas estas ideas, chégase á conclusión máis bonita e especial, que non é outra que a avoa está con eles, e que a través dos seus recordos poden seguir unidos a ela. Ademais ao final do libro acontece algo que serve para reafirmar dita conclusión, e que a pesar de que ela xa non está con eles dalgunha forma moi especial segue estando.

Por todo isto cremos que é unha obra moi especial, e que ainda que a morte non é o tema principal, xa que é o antecedente da historia, si que trata un tema importante como é a posibilidade de seguir tendo presente a aqueles seres queridos que nos deixaron e dos que nos lembramos diariamente polo importantes que foron para nós.

As ilustracións son canto menos chamativas, xa que se trata de collages feitos con instrumentos do día cotiá de moita xente, de esta forma represéntanse aos seus personaxes.

..................................................................................................................................................



Para rematar, gustaríanos citar outros álbums ilustrados que nos pareceron tamén moi bos para traballar o tema da morte e todas as emocións que este acontecemento pode xerar cos nenos e nenas dunha aula de Educación Infantil. Devanditos álbums son:

    ALBO, P. & AULADELL, P. (2009). Inés azul. Barcelona: Thule Ediciones.
    BOWLEY, T. & PUDALOV, T. (2012). Jack y la muerte. Pontevedra: OQO Editora.
    CURTIS, J & CORNELL, L (2006). ¿Dónde van los globos?: Un misterio de altura. España: Serres.
    ERLBRUCH, W. (2010). El pato y la muerte. Barbara Fiore Editora
    VERREPT, P. (2001). Te echo de menos. Barcelona: Juventud.
    WILD, M. & BROOKS, R. (2002). Nana vieja. Caracas: Ediciones Ekaré.




miércoles, 13 de abril de 2016

BIBLIOGRAFÍA DE ROBERTO PARMEGGIANI E JOÃO VAZ DE CARVALHO

“A avoa adormecida” é un libro apaixonante escrito por Roberto Parmeggiani e ilustrado por João Vaz de Carvalho. Ámbolos dous conseguen acercar ao lector infantil a unha fermosa historia chea de emocións e sentimentos.
É por isto que vos queremos falar un pouco deles, e así, facervos ver a necesidade de penetrarse neste mundo cheo de imaxinación e de cariño.



 [1]







Roberto Parmeggiani, como ven dixemos anteriormente, é o encargado de escribir esta fermosa historia. Naceu en Bolonia, no ano 1976, e licenciouse en Ciencias da Educación pola Universidade de Bolonia. No tocante a súa vida laboral, é o presidente da Associazione Centro Documentazione Handicap, que xestiona una biblioteca especializada en discapacidade e voluntariado, e traballa con persoas discapacitadas realizando labores de animación educativa para así favorecer a súa integración. Tamén imparte cursos de formación para profesionais do sector da educación. Outra labor que fai é a de facer visitas as escolas, inculcando nelas ao alumnado que canto nos diferenza tamén nos enriquece. Pero a súa relación co mundo infantil e xuvenil non remata aquí, senón que tamén é autor de diversos libros, os cales clasificamos en base a un criterio idiomático:

Obras traducidas ao galego e/ou ao español:

  • “El tiempo más bello. Un día en Venecia”. (“Il tempo più bello. Un giorno a Venezia”). Narra a historia dun neno chamado Lucio e o seu avó Gabriel. Os dous xuntos recorren as fermosas rúas de Venecia e gozan da compaña mutua.
Il tempo più bello. Un giorno a Venezia. Ediz. spagnola


Obras non traducidas ao galego e/ou ao español:
  • “La lezione degli alberi”. Narra a historia de Henry, un neno que lle pide axuda ao seu mestre Dino para intentar comprender o por qué de que a súa compañeira de clase Paola non fale.

  • “Mi fido di te”. Narra a historia de Luigi, un xoven e inexperto catecista que no seu primeiro encontro con nenos decide contarlles unha fermosa historia sobre María e o seu fillo Xesús.

nonni al mare 1
  • “Di là” (“Dende alí”). Narra a historia dun neno de 8 anos que se ve envolto nun grande e repentino silencio por parte dos adultos que o rodean debido á morte do seu pai. Stefano, o neno, non entende por qué tanto misterio e se interna nunha viaxe en busca da verdade, a través da observación da realidade e o uso da imaxinación, que lle levará a descubrir o lugar no que se atopa seu pai.

prova0



Todos estes libros son enriquecedores de sabedoría, con temáticas tan reais e actuais como a discapacidade, a relixión, ou como vemos no último libro que amosamos, e que comparte temática co libro que escollemos para crear este blog (“A avoa adormecida”): a morte.
Roberto Parmeggiani intenta (e o consegue) cos seus textos acercar aos nenos a unha realidade cotiá, ca que se poidan sentir identificados ou da que poidan aprender cousas novas, concienciándolles así de que todos somos iguais aínda que sexamos diferentes, de que hai que respectar aos demais tal e como son, e tal e como pensan, e de que o sentimento de perda é un sentimento normal que non hai que reprimir nin agochar. É algo natural, é o ciclo da vida e non podemos facer da morte un tema tabú para os nenos, xa que estes tamén senten a perda coma os adultos, a diferenza de que eles non a conciben da mesma maneira.

















Por outra banda está João Vaz de Carvalho que é o ilustrador e polo tanto creador de tan fermosos debuxos. El naceu en Fundão, Portugal, no ano 1958. Estudou pintura no taller de Vasco Berardo, en Coimbra. No tocante a súa labor profesional, dicir que foi colaborador de revistas como Marie Claire ou Pais e Flihos, entre outras. Tamén dedícase a ilustrar albumes infantís e portadas de libros para varias editoriais. Ademais a súa obra participou en diversas exposicións e foi galardoado na Bienal Internacional de Ilustración Infantil 2005, en Barreiro (Portugal).
Igual que fixemos co autor, clasificamos os álbums en base a un criterio idiomático; así pois, algúns dos álbums dos que é creador das súas ilustracións son:

Obras traducidas ao galego e/ou ao español:

  • “28 historias para rir”. Narra a historia dun rato de exquisitos manxares que, indeciso ante a abundancia quédase sen probar ningún; un neno que non se mete o dedo no nariz porque quere ser o máis educado do mundo; e así ata “28 historias para rir”.


  • “Na punta do pé”. Libro-cd-dvd para aprender cantigas, bailes e xogos da tradición galega, portuguesa e mirandesa, co obxectivo de recuperar o espírito lúdico das festas, cun enfoque didáctico e participativo.

Resultado de imagen de na punta do pe
  • "O carnaval dos animais”. Dende os animais de curral aos felinos, pasando polos seres acuáticos e voadores. Toda a fauna do mundo reunida para celebrar o aniversario do Rei León.


As ilustracións de João Vaz de Carvalho son alegres, cheas de colorido, sinxelas pero a súa vez cheas de detalles, que animan ao lector e o acercan dunha forma extraordinaria á lectura. Potencian a imaxinación e axudan realmente a sentir desexo por coñecer por completo a historia.

Esta mestura entre un texto poético, con estruturas acumulativas incluídas, que desprende tenrura para afrontar o tema da perda sen asolagarnos de tristura e unhas imaxes aparentemente sinxelas que nos envolven e nos amosan a dureza da realidade dunha forma fantástica e chea de maxia, é o que fai que a lectura do álbum ilustrado “A avoa adormecida” sexa emocionante e a súa vez imprescindible para xerar diálogo familiar sobre ese tabú que é a morte na sociedade de hoxe en día.