Sono ou realidade?

Sono ou realidade?

lunes, 16 de mayo de 2016

CONTO MOTOR


Título: De aventuras ca avoa.
Obxectivos didácticos:

      Trasladar unha historia que aborda o tema da morte.
      Educar acerca do sentido e significado da morte.
      Traballar a xestión das emocións derivadas da perda dun ser querido.
       Fomentar a creatividade, a imaxinación e a educación estética e artística.
      Potenciar a expresión lingüística, corporal, plástica e rítmico-musical.
      Trasladar linguaxes artísticas alternativas.
      Participar de forma activa na dramatización.
      Desenvolver capacidades de interpretación.
      Adquirir habilidades de carácter social e de colaboración.
      Entreter e divertir.
      Traballar a coordinación motriz.
Contidos:

    Aprendizaxe e interiorización do sentido e significado da morte.
    Resolución de conflitos internos derivados da perda dun ser querido.
    Axuda a expresión das súas emocións, sentimentos, ideas, percepcións, medos,...
    Desenvolvemento da linguaxe corporal, verbal, plástica e musical.
   Formación do seu esquema corporal, construción da súa identidade, autoconcepto e autoestima.
    Integración dos alumnos e alumnas cohibidos, tímidos,...
    Coñecemento de linguaxes artísticas alternativas.
    Participación de forma activa na dramatización.
    Adquisición de capacidades interpretativas.
    Adquisición de habilidades sociais.
    Entretemento e diversión.
    Adquisición da coordinación motriz.
Criterios de avaliación:

A avaliación realizarase a través da observación do alumnado no momento da realización da dramatización e as actividades motrices. Dita avaliación farase por medio dunha escala de observación, que conta cuns ítems baseados nos obxectivos didácticos, e cunha resposta que vai do 1 (obxectivo non conseguido) ao 5 (obxectivo conseguido).
Os ítems cos que conta a escala de observación son:

   Coñece o sentido e significado da morte.
   Adquire técnicas de xestión das emocións.
   Mostra interese por explorar as súas posibilidades de expresión e representación artística.
   Utiliza a expresión oral, corporal, plástica e rítmico-musical.
   Coñece linguaxes artísticas alternativas.
   Mostra interese pola realización da dramatización e da interpretación.
   Adquire habilidades sociais.
   Goza a través do teatro.
   Traballa a adquisición da coordinación motriz.
Elementos da dramatización:

Para a realización da dramatización utilizamos unha caixa de cartón empapelada con papel de periódico e con papel cebola facendo de pantalla, e cortinas, convertida así nun teatro de sombras. Para os personaxes utilizamos cartolinas de cor negra e palillos de madeira. Por último utilizaremos a música como elemento de acompañamento, para axudar ao público a adquirir as emocións que queremos transmitir.

En canto aos roles que existen durante a dramatización, dicir que os alumnos e alumnas forman parte activa da dramatización, xa que terán que soprar, aplaudir e patexar segundo se lles pida.
Por outra parte, os docentes levarán a cabo os seguintes roles:
      Narradora: Violeta Rivas Seijo.
      Encargadas dos personaxes: Marta e María Palmeiro de la Escalera.
      Técnica de son: Lucía Rego Roura.

No tocante as actividades motrices, os alumnos e alumnas son os encargados de levar a cabo as tarefas, segundo a explicación das docentes. Ademais, estas en determinadas tarefas, formarán parte activa do desenvolvemento da actividade, ben sexa como axudante ou coma xuíz.




Emocións:

Ao longo da dramatización van aparecendo diferentes emocións. A orde de aparición das mesmas, de forma secuencial, é a seguinte:
1)      Tristeza.
2)      Amor.
3)      Felicidade.
4)      Sorpresa.
5)      Entusiasmo.
6)      Alegría.
7)      Amor.
8)      Tristeza.
9)      Admiración.
10)  Tristeza.
11)  Amor.
12)  Tristeza.
13)  Serenidade.

Cremos que un dos fortes da historia é que explica dunha forma moi explícita, a través das diferentes emocións, un proceso natural e inevitable, como é a morte. Por iso as emocións que nos vai transmitindo a narración van variando, intercalándose e, nalgunhas ocasións, repetíndose, dependendo dos recordos que conta o protagonista.
Sen embargo, a emoción principal, que recorre toda a historia é a tristeza. Na dramatización que levamos a cabo, queremos resaltar esta emoción de tristeza polo sentimento de perda que ten o neno da súa avoa; sen embargo, nas tarefas motrices quixémoslle dar un xiro e converter unha historia que se basea na emoción da tristeza, nunha historia que se sobrepón a este sentimento, e consegue superalo, converténdose nunha historia de felicidade e de superación. Desta maneira, as actividades motrices que levamos a cabo teñen unha temática alegre, tratándose de actividades con contidos motivadores coma o desenvolvemento da autoestima, da expresión de sentimentos, e das relacións sociais e afectivas. Isto faise posible coa realización de actividades nas que os nenos e nenas deben traballar en grupo, de maneira colaborativa, confiando os uns nos outros para a superación das distintas probas e o correcto funcionamento das mesmas.
Áreas de coñecemento:

A sesión que levamos a cabo comprende unha dramatización do álbum ilustrado “A avoa adormecida” e unha posta en práctica de actividades de carácter motriz. Dita sesión está totalmente vinculada as áreas de coñecemento que propón o Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. De esta forma, queremos facer fincapé en como a sesión contribúe ao desenvolvemento de ditas áreas de coñecemento, as cales son:

Área de coñecemento de si mesmo e autonomía persoal:
Para contribuír ao desenvolvemento desta área, levamos a cabo tarefas nas que os alumnos desenvolven o seu proceso de construción persoal e autocoñecemento, a través da dramatización, o igual que desenvolven a súa conciencia emocional. Tamén levamos a cabo tarefas motrices nas que resultan relevantes as interaccións cos demais alumnos e alumnas (tarefas nas que deben relacionarse e expresar as súas ideas), ademais de obter un crecente control motor e unha constatación das súas posibilidades e limitacións, a través da realización de tarefas nas que desenvolvan as súas habilidades relacionadas co desenvolvemento motor (respiración, equilibrio, lateralidade, carreira, salto,...).

Área de coñecemento do entorno:
Para contribuír ao desenvolvemento desta área, levamos a cabo tarefas nas que os alumnos descobren, coñecen e comprenden os aspectos que conforman a realidade, coa finalidade de construír coñecemento sobre o medio físico, natural e social. Isto e posible grazas a realización da dramatización e interpretación, e a través das actividades motrices, cuxos contidos abarcan elementos da natureza, os animais, a gastronomía,...

Área de linguaxes: comunicación e representación:
Para contribuír ao desenvolvemento desta área, levamos a cabo tarefas nas que os alumnos deben ter capacidade para producir, recibir e interpretar mensaxes; ademais de aprender diferentes formas de comunicación e de expresión dos seus sentimentos e emocións. Isto conseguímolo grazas a dramatización e a participación dos alumnos e alumnas nela. Ademais tamén conseguimos que os alumnos e alumnas desenvolvan unha competencia artística e estética.
Por outra banda, dicir que cas actividades motrices tamén traballamos todos estes aspectos a través de actividades nas que deben ser capaces de comunicar as súas ideas, de escoitar música de forma activa, de interpretar os xestos e as posturas dos seus compañeiros e compañeiras, etc.
Competencias básicas:

A sesión que levamos a cabo comprende unha dramatización do álbum ilustrado “A avoa adormecida” e unha posta en práctica de actividades de carácter motriz. Dita sesión está totalmente vinculada as competencias básicas que propón o Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. De esta forma, queremos facer fincapé en como a sesión contribúe ao desenvolvemento dalgunhas destas competencias básicas:

Competencia en comunicación lingüística:
Evidentemente toda a sesión, é dicir dramatización e tarefas motrices, fai referencia a esta competencia.

Competencia matemática:
Para a contribución desta competencia levamos a cabo actividades nas que os alumnos e alumnas deben identificar agrupamentos (“A que non me adormeces?”),  recoñecer os números (“Flores para a sopa da avoa”) e coñecer aspectos espaciais da realidade (“Círculo de baile”).

Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico:
A competencia de interactuar co espazo físico leva implícito ser consciente da influencia que ten a presenza das persoas no espazo. Por este motivo todas as actividades motrices que se levan a cabo fan referencia a esta competencia.
            Sen embargo, para contribuír a competencia no coñecemento, levamos  acabo actividades nas que os alumnos e alumnas teñen que aplicar un pensamento científico-técnico para descubrir alternativas, predicir, e xerar novas ideas e solucións (“Voan os papaventos”, “Tocamos a Lúa” ou “En busca da limoada favorita da avoa”).

Competencia social e cidadá:
Case todas as actividades levadas a cabo contribúen ao desenvolvemento desta competencia. Isto é así xa que en case todas as actividades se traballan as habilidades sociais que permiten mediar nos conflitos de convivencia, axudan a resolvelos con actitude construtiva e a tomar decisións con autonomía.

Competencia cultural e artística:
A dramatización en si contribúe ao desenvolvemento desta competencia, xa que se converte nun espazo no que se aprecia e se goza coa arte e coas manifestacións culturais, potenciándose o emprego de recursos, coma o teatro de sombras neste caso, para a expresión artística e a realización de creacións propias.

Competencia para aprender a aprender:
Todas as actividades levadas a cabo contribúen a esta competencia xa que ca realización e posta en práctica de todas as actividades, os alumnos e alumnas ven potenciada a súa comprensión e expresión lingüística, a súa memoria, motivación, observación, o traballo cooperativo e a resolución de problemas, entre outros.
MOMENTO INICIAL, DE ENTRADA OU DE SAÚDO (ACTIVACIÓN)

Tarefa 1: “Voan os papaventos”.
Obxectivo motor: Practicar xogos para desenvolver a respiración.
Contido: Control da respiración, en concreto da fase de expiración.
Agrupación:
-          Individual.
Espazo:
-     Toda a aula ou ximnasio.
-      Delimitar unha liña de meta e outra de chegada cunha distancia de, aproximadamente, 4 metros. (Podemos ampliar ou reducir en función da necesidade).
Materiais e recursos:
-      Globos (ou obxectos de pouco peso que poidan mover polo aire como, por exemplo, plumas).
Descrición da tarefa:
Nesta actividade, os nenos e nenas deben, de forma individual, coller un globo. Nun primeiro momento deberán, a través da súa respiración (soprando), trasladar o globo polo aire, tratando de que este non toque o chan.
A continuación podemos introducir unha variante, por exemplo, que o percorrido que teñan que facer co globo no aire estea delimitado. Poderemos marcar dita delimitación segundo as liñas debuxadas no chan, ou marcando nós mesmas, a liña de saída e de chegada.
O obxectivo, neste caso, sería chegar o máis rápido posible á meta sen que o globo tocase o piso.

Outras posibles variantes poderían ser:
-          Transportar o globo golpeándoo coas distintas partes do corpo, en lugar de soprando (cóbado, man dereita ou esquerda, cabeza, pé esquerdo ou dereito, etc.).
-          Acurtar ou alongar as liñas de saída e de meta segundo o precisemos.
-          Interpoñer no seu camiño diferentes obstáculos que deban esquivar ou exceder á medida que van desprazándose.
Indicador de avaliación:
-          Consegue, a través de sopridos, que o globo se manteña no aire.
-          É capaz de dirixir o globo cara a meta empregando soamente a súa respiración, e adaptándose ao espazo dispoñible.
-          Logra manter o globo no aire empregando so una parte determinada do seu corpo.
Representación gráfica:


Tarefa 2: “Círculo de baile”.
Obxectivo motor: Desenvolver o sentido do ritmo a través da música.
Contido: Adquisición do ritmo.
Agrupación:
-          Gran grupo.
Espazo:
-          O espazo que se precisa dependerá do número de participantes para facer un círculo.
Materiais e recursos:
-          Música que elixirá a mestra/e.
Descrición da tarefa:
Os alumnos terán que estar dispostos nun círculo sentados, excepto un deles. A mestra fará soar a música, e o alumno que non está no círculo deberá dar voltas ao redor do círculo formado polos seus compañeiros.
No momento que el queira poderá pararse detrás dun dos compañeiros e tocaralle o ombro para que este se levante. A continuación deberán meterse no medio do círculo e comezar a bailar ao ritmo da música, ao igual que a avoa bailaba na historia.
A mestra parará a música e ambos participantes terán que intentar facerse co único sitio que queda libre no círculo. A persoa que quede sen sitio pasará a repetir a actividade para elixir a outra e intentar conseguir desa vez o espazo baleiro.
Indicador de avaliación:
-          É capaz de bailar seguindo o ritmo da música.
-          Controla o corpo en movemento, adaptando a resposta motriz ás dimensións e elementos do espazo.
Representación gráfica:

MOMENTO DE ACTIVIDADE MOTRIZ (PARTE PRINCIPAL)

Tarefa 3: “Cabalos trotóns”.
Obxectivo motor: Representar a música por medio das habilidades xenéricas (salto, carreira, andanza e bote).
Contido: Aplicación das habilidades xenéricas (saltar, correr, andar e botar).
Agrupación:
-    A actividade realizarase, nun primeiro momento, en gran grupo, podendo entrar en xogo algunha variable que faga que os alumnos teñan que formar pequenos agrupamentos.
Espazo:
-         O espazo empregado será a aula ou ximnasio. Segundo as variables que se vaian introducindo poderase empregar a totalidade do espazo, ou espazos delimitados que se marcarán ao comezo da actividade.
Materiais e recursos:
-          Instrumento para marcar o compás.
-          Materiais para delimitar o percorrido (aros, cordas, etc).
Descrición da tarefa:
Esta actividade consiste en que os nenos, ao compás dos sons que a/o mestra/e vai marcando, terán que desprazarse polo espazo dispoñible. Deste xeito un golpe (son) corresponde cun salto (trote). O ritmo dos sons irá cambiando de tal forma que se comeza cun ritmo máis lento e doado, e pouco a pouco, irase incrementando a velocidade e, polo tanto, a intensidade e complexidade.

Posibles variantes:
-          Nun primeiro momento a actividade realizarase por todo o espazo, pero unha das variables posibles, consistiría en delimitar o espazo, ou mesmo que todos os participantes comecen dende un punto concreto, tendo que dirixirse a outro punto previamente fixado que sería a meta. 
-          Tamén, podemos deseñar un percorrido (por exemplo distribuíndo aros polo espazo) o cal deberán percorrer de principio a fin segundo as consignas que indique o mestre (saltando, sobre unha perna, cos pés xuntos…).
-          Outra das variables consiste en que se o mestre cambia de instrumento, os alumnos teranse que agrupar para formar un equipo composto por tantos cabalos como sons se escoitaron dese novo instrumento, tendo que seguir o seu camiño sen desfacer dito grupo.
-          Ao longo da actividade podemos cambiar  o tipo de desprazamento que se ten que facer, por exemplo, cara atrás, de lado, apoiando soamente un pe no chan, apoiando as catro extremidades, etc.
Indicador de avaliación:
-          Reproduce esquemas rítmicos.
-          Coordina as súas accións cosas das demais nenos e nenas.
Representación gráfica:



Tarefa 4: “A que non me adormeces?”.
Obxectivo motor: Aumentar a coordinación global a través da música.
Contido: Adquisición da coordinación global.
Agrupación:
-          Nun primeiro momento a actividade é individual.
-          Despois, agruparanse segundo as cores dos globos que teñan.
Espazo:
-      Nun primeiro momento o espazo estará sen delimitar. É dicir, poderanse mover libremente por toda a aula ou ximnasio.
-       Segundo a variante que introduzamos poderemos delimitar o espazo, por exemplo, empregando só a metade da aula ou ximnasio.
Materiais e recursos:
-          Globos de diferentes cores.
-          Colchóns no caso de que actividade se realice polo chan.
Descrición da tarefa:
Nesta actividade os nenos e nenas deberán, nun primeiro momento, repartirse por todo o espazo da aula ou ximnasio, o espazo non estará delimitado. A mestra ou mestre empregará un instrumento (caixa chinesa, maraca, pandeiro, etc) para poder marcar con el diferentes ritmos. Ou, podemos poñer unha música axeitada e que incite a desprazarse ou danzar.
Os nenos e nenas deberán coller, cada un, un globo. Os globos deben ser de diferentes cores para introducir, máis tarde, posibles variacións.
Cando empecen a escoitar o ritmo da música, comezarán a moverse polo espazo libremente ou seguindo as indicacións da mestra. Por exemplo, podemos pedir que se despracen mantendo o equilibrio sobre unha perna, dando saltos, xirando sobre o seu corpo, andando como distintos tipos de animais, etc.
No momento no que se detén a música, a docente indica a parte do corpo dos compañeiros que deben tratar de tocar empregando o globo. Inmediatamente, os alumnos e alumnas, intentarán “adormecer” (pillar) aos seus compañeiros tocando co globo a parte do corpo indicada.
O neno ou nena que sexa “adormecido” debe caer ao chan e simular que dorme (igual que o fai a avoa na historia narrada).

Posibles variantes:
-       En vez de desprazarse polo espazo de pé, podemos empregar o chan da aula ou ximnasio. Desta forma o obxectivo é o mesmo pero dificúltase un pouco máis xa que é máis difícil desprazarse estando deitados ou sentados no piso. Podemos cubrir a superficie con colchóns para asegurar a zona e que non se manquen.
-        Tamén podemos facer que, unha vez pare a música, se agrupen segundo a cor que teñan os seus globos. Desta forma, ao estar todos os compoñentes dunha mesma cor xuntos poderán “salvarse” de que os pillen (pero unicamente se están todos xuntos). E poderán “adormecer” aos demais compañeiros pero sen romper o agrupamento.
-          Delimitar o espazo segundo conveña. Podemos facelo máis pequeno para que sexa máis doado pillar aos seus compañeiros. Ou máis grande para dificultar a tarefa.
-        As consignas marcadas pola mestra poden variar. En lugar de estar relacionadas coas distintas partes do corpo, pode indicar a que persoas se deben pillar. Por exemplo: “Cando pare a música tocaremos a aqueles compañeiros/as que leven posta unha camiseta azul”; “aquelas persoas as cales o seu nome comece pola letra M”, etc. 
Indicador de avaliación:
-          Sinala correctamente as partes principais do corpo dos demais.
-          Reproduce movementos a partir de consignas verbais.
-          Leva a cabo diferentes tipos de desprazamentos.
-          Fía agrupacións de obxectos segundo as súas características (cor, tamaño).
-          Axusta os seus movementos ao espazo dispoñible.
Representación gráfica:



Tarefa 5: “Tocamos a Lúa”.
Obxectivo motor: Controlar a coordinación segmentaria a través dun circuíto motor.
Contido: Ampliación da coordinación segmentaria.
Agrupación:
-          Por equipos, neste caso dous equipos.
Espazo:
-          Debemos dispoñer dun espazo amplo e liberado para poder colocar os materiais. O ideal sería unha aula de psicomotricidade ou ximnasio.
-          Delimitamos o espazo en función da lonxitude do circuíto.
Materiais e recursos:
-          Aros.
-          Bancos.
-          Conos.
-          Pompóns ou pelotas pequenas.
-          Túnel.
-          Dado dos pasos.
-          Espaldeiras.
-          Globos.
Descrición da tarefa:
Esta actividade levarase a cabo repartindo aos alumnos e alumnas en dous equipos.
Trátase de ir percorrendo un circuíto estruturado previamente polas docentes e ten como obxectivo chegar a “tocar a lúa”, é dicir, tocar coa palma da man un globo situado nas espaldeiras, na fase final do circuíto.
As alumnas e os alumnos deben situarse na liña de saída. Ao sinal das docentes terán que saír ao circuíto dous membros de cada equipo. Nun primeiro lugar deben rodear os aros situados no chan de forma paralela, que asimilan a pizza que tanto lle gustaba facer á avoa. Ao rematar esta primeira proba, pasarán por encima dunha especie de montaña (de colchoneta) con pendente ascendente. Ao chegar ao punto máis alto saltarán e caerán de pé sobre unha colchoneta situada no chan para evitar danos.
Á protagonista da nosa historia encantáballe o mar, pero debemos lembrar que, en ocasións, o mar está cheo de animais que poden ser un tanto perigosos. Neste caso ambos os dous alumnos/as deberán atravesar as axitadas augas nas súas estreitas barcas fabricadas con madeira (bancos suecos).
A tarefa non será tan sinxela, pois a cada lado das barcas situaranse as “pirañas famentas” (os demais compañeiros do equipo contrario), que tratarán de que os dous alumnos/as caian ao mar para poder comelo/as. Para isto contarán con diversas pelotas para poder lanzar e tratar de desequilibrar ao membro do equipo contrario. As persoas que estean subidas ao banco deben tirarse ao mar e empezar de novo o circuíto no caso de que sexan alcanzados por algunha pelota. Con todo, se son capaces de coller a pelota (recepción) non terán por que abandonar o circuíto.
Terminada esta parte, a segunda proba consistirá en ter puntaría, xa que deben tratar de encestar 3 pompóns nun cono.  Ao primeiro que enceste os tres pompóns concederáselle a oportunidade de pasar pola cova misteriosa (túnel) arrastrándose o máis rápido posible.
Na penúltima proba os alumnos e alumnas deben confiar na súa sorte xa que deben lanzar uns dados que os farán realizar diferentes desprazamentos até poder, por fin, achegarse á lúa. Para poder alcanzar o satélite deben subir polas espaldeiras até poder collela coas mans. 
Indicador de avaliación:
-          Demostra axilidade nos seus movementos: saltos, desprazamentos etc.
-          Demostra equilibrio posturas nos movementos: trepando, saltando cos dous pes.
-          Aplica a coordinación óculo-manual ao facer lanzamentos.
-          Realiza diversos tipos de desprazamentos.
Representación gráfica:



Tarefa 6: “En busca da limoada favorita da avoa”.
Obxectivo motor: Practicar xogos que desenvolvan os desprazamentos construídos.
Contido: Control dos desprazamentos construídos.
Agrupación:
-          Agruparemos aos alumnos e alumnas en catro equipos. Cada equipo será dividido, á súa vez, en parellas.
Espazo:
-    É preferible realizar a actividade nun espazo amplo, polo que o axeitado sería facela no ximnasio ou aula de psicomotricidade onde non houbera mobiliario que puidese obstaculizar aos participantes.
Materiais e recursos:
-          4 aros.
-          Esferas de diferentes tamaños (globos, pelotas de espuma, pelotas de tenis, pompóns, etc.).
Descrición da tarefa:
Nesta actividade os participantes deberán agruparse en catro equipos, que se colocarán en cada esquina do espazo, neste caso, do ximnasio. No centro do espazo do ximnasio colocaranse catro aros que terán dentro esferas que representan a limoada que tanto lle gustaba á avoa do protagonista do álbum. Dependendo do grao de dificultade que queiramos introducir, optaremos por diferentes tamaños das mesmas.
Coa sinal da mestra, sairán por parellas a buscar a limoada. Deberán transportar as esferas de limoada coa parte do corpo que a mestra indique entre os dous membros da parella. Por exemplo, unha das consignas pode ser transportar os recipientes de limoada (esferas) cos cóbados, ou coa fronte, ou coa barriga, etc.
Para poder dar saída á seguinte parella do equipo, a parella debe chegar ata o punto onde se encontre o seu equipo sen que se lles caia ao chan a esfera coa limoada. De ser así deberían volver a empezar o percorrido.
Completará o xogo aquel equipo que logre recoller a maior cantidade de “limoada” no menor tempo posible.
Posibles variantes:
-    Variar o tipo de esferas segundo a dificultade que desexemos introducir. Os globos son máis doados de transportar. Se escollemos esferas de reducido tamaño o xogo complicarase.
-       Variar os tipos de desprazamento: marcha atrás, polo chan, cos ollos pechados...
Indicador de avaliación:
-          Identifica e localiza as diferentes partes do corpo.
-          Realiza diferentes tipos de desprazamento.
-          Coordina os seus movementos cos do outro compañeiro.
Representación gráfica:


Tarefa 7: “Flores para a sopa da avoa”.
Obxectivo motor: Seleccionar as flores para desenvolver a coordinación segmentaria.
Contido: Aplicación da coordinación segmentaria.
Agrupación:
-          Agruparemos aos alumnos e alumnas en, polo menos, dous equipos.
Espazo:
-          Necesítase un espazo amplo para poder colocar os materiais.
-          Unha aula onde non haxa mobiliario ou ximnasio.
-          Delimitarase o espazo en función da complexidade que lle queiramos dar á actividade.
Materiais e recursos:
-          Flores de papel.
-          Caixas ou recipientes.
Descrición da tarefa:
Para a realización desta tarefa o grupo debe quedar dividido en dous grupos (ou os que sexan precisos). Delimitaremos o espazo seguindo as liñas que hai debuxadas no chan do ximnasio. Deste xeito, formaremos unha liña a cal non poderán exceder os compoñentes dos grupos. No outro extremo do ximnasio, colocaremos unha caixa ou recipiente para cada equipo, onde colleitar todas as flores conseguidas.
No centro do espazo empregado, neste caso o ximnasio, colocaremos diferentes flores de papel de cores variados. En cada unha delas estará escrito un número do 1 ao 10 (podemos variar este intervalo dependendo da idade e do coñecemento que teña a clase dos números).
Os participantes deberán facer relevos para ir en busca das flores para que a avoa poida facer a sopa. A consigna que deben seguir é a de ir de un en un a por elas. A mestra ou mestre dirá en voz alta un número. Un participante de cada equipo debe saír inmediatamente e tratar de buscalo por todas as flores que conforman o noso xardín.
O primeiro/a en atopalo e depositalo na caixa ou recipiente, debe volver o máis rápido posible ao seu equipo para darlle paso ao seguinte participante. Como posible variante, unha vez saíron todos, o equipo deberá ordenar de maior a menor (ou viceversa) os números das súas flores.
Así, o obxectivo é conseguir o máximo número de flores posibles e que estas se correspondan cos números que indicou a mestra ou mestre.

Posible variantes:
-          Podemos cambiar o centro de interese, e en lugar de números, traballar as cores, as vocais, etc.
-          Outra posibilidade é a de vendar os ollos do neno ou nena que vai a polas flores. Así, os seus compañeiros/as deberán darlle indicacións ata chegar ao número desexado. Con esta posibilidade deberemos acurtar as distancias, para que os números se poidan identificar dende a liña de saída onde están os “guías”. Con esta variante estaremos a traballar as nocións espaciais.
-          Ordenar de maior a menor (ou viceversa) as flores que recolleron.
Indicador de avaliación:
-          Demostra axilidade nos seus movementos.
-      Controla o corpo en movemento, adaptando a resposta motriz ás dimensións e elementos do espazo.
-          Recoñece con facilidade os números e cores.
-          Emprega as nocións espaciais para explicar a localización dalgún obxecto ou persoa.
Representación gráfica:



Tarefa 8: “Tronquiños tolos”.
Obxectivo motor: Realizar actividades para potenciar as habilidades xenéricas (rodaxe).
Contido: Aplicación das habilidades xenéricas (rodar).
Agrupación:
-          Dita tarefa levarase a cabo en pequenos grupos.
Espazo:
-          O espazo empregado para a súa realización estará delimitado, de tal xeito que só se empregará aquel espazo que estea cuberto por colchóns. Ademais á hora da explicación determinarase cal será o punto de partida e cal o punto final ou meta.
Materiais e recursos:
-          Colchóns.
Descrición da tarefa:
Facendo referencia a unha das partes do álbum ilustrado que estamos a traballar, na que se di que unha das cousas que máis lle gusta a avoa é o mar vámonos a mover neste medio.
Para a realización de esta tarefa é preciso cubrir o espazo que se vai a empregar con colchóns.
A actividade consiste en que se se dividirá ao grupo clase en equipos de entre 5 ou 6 persoas. Unha vez formados os equipos un dos membros de cada equipo converterase no pasaxeiro, mentres que o resto do equipo pasará a formar a embarcación.
Para elo, terán que colocarse sobre as colchóns uns pegados aos outros de tal forma que formen unha única unidade. Unha vez feita a embarcación so fará falta que o pasaxeiro se deite sobre eles de tal xeito que o seu peso quede repartido por todos os compañeiros. Colocados todos nas súas posicións comezará o desprazamento, que se fará da seguinte maneira: as persoas que forman a embarcación terán que ir xirando sobre si mesmos, intentando facelo todos á mesma vez para non separarse, e desta forma poder transportar ao viaxeiro.
Indicador de avaliación:
-          Realizan xiros en función ao eixe vertical do corpo.
-          Son capaces de coordinar os seus movementos cos do resto de compañeiros.
Representación gráfica:


MOMENTO DE RELAXACIÓN OU DESPEDIDA (VOLTA Á CALMA)

Tarefa 9: “Que soño tivo a avoa?”.
Obxectivo motor: Representar as imaxes para desenvolver a ATPE.
Contido: Control da actividade tónico postural equilibradora (ATPE).
Agrupación:
-          Os participantes estarán divididos en dous equipos.
Espazo:
-          Para a realización desta actividade non é preciso un espazo de gran tamaño, polo que se usará un espazo adecuado ao número de persoas.
Materiais e recursos:
-          Caixa con papeis onde estarán escritos os soños da avoa.
-          Materiais dispoñibles da aula ou ximnasio para que usen libremente nas representacións.
Descrición da tarefa:
Esta actividade consistirá en que a mestra colocará nunha caixa diferentes papeis onde estarán escritos diferentes accións que representarán os soños que pode ter a avoa.
Os participantes estarán divididos en dous equipos diferenciados previamente. Un dos participantes (alternando un de cada equipo) sacará da caixa un único papel, e a mestra diralle o que nel pon, para, a continuación representar a través da linguaxe corporal dito soño. O resto de compañeiros terán que ir adiviñando a escena, o equipo que acerte primeiro obterá un punto e así sucesivamente.
Indicador de avaliación:
-      É capaz de representar diferentes accións empregando soamente o seu corpo como medio de comunicación.
-         É capaz de recoñecer diferentes accións representadas polos seus compañeiros.
Representación gráfica:


Tarefa 10: “Durmindo coa avoa”.
Obxectivo motor: Experimentar a relaxación coa axuda da música.
Contido: Experimentación da relaxación.
Agrupación:
-          Os participantes estarán divididos de forma individual.
Espazo:
-     Necesítase un espazo amplo para poñer os colchóns necesarios en proporción ao número de nenos e nenas da clase.
-         Outra opción sería que os nenos e nenas se tombaran nunha alfombra.
Materiais e recursos:
-          Colchóns (1 por nen@). Unha variante sería a utilización dunha alfombra.
-          Ordenador con música relaxante.
Descrición da tarefa:
Para esta actividade colocaremos colchóns no chan e lles pediremos aos nenos e nenas que se coloquen en posición supino (coa costa no colchón). Cunha música relaxante de fondo, lles diremos que estiren ben o seu corpo e cerren os ollos.
Indicador de avaliación:
-          É capaz de relaxarse con facilidade.
-          É capaz de relaxarse e descansar cando hai un ambiente propicio.
-          É capaz de relaxar segmentos independentes do seu corpo.
Representación gráfica:



Tarefa 11: “O valse”.
Obxectivo motor: Desenvolver a través do movemento o esquema corporal.
Contido: Control do esquema corporal.
Agrupación:
-          Os nenos e nenas distribuiranse de forma individual.
Espazo:
-    Necesitarase un espazo me tamaño mediano, no que os nenos e nenas poidan mover as diferentes partes do seu corpo.
Materiais e recursos:
-          Ordenador con música relaxante.
Descrición da tarefa:
Para esta actividade os nenos e nenas identifícanse cunha bailarina movida por fíos que suxeitan cada unha das seguintes articulacións: dedos, bonecas, cóbados, ombreiros, pescozo, cadeira e xeonllos.
Utilizárase unha música de fondo relaxante. Coas indicacións da mestra ou mestre, vanse rompendo os diversos fíos que suxeitan as diferentes partes do corpo, tendo que adoptar o neno ou nena a actitude corporal correspondente. Unha vez relaxados, repetirase o xogo á inversa: agora tiramos dos fíos que producirán o consecuente estiramento do segmento corporal correspondente.
Indicador de avaliación:
-          Identifica e localiza as diferentes partes do seu corpo.
-          É capaz de realizar movementos segmentarios co seu corpo.
Representación gráfica:


A continuación, presentamos unha táboa onde aparecen recompliados todos os ítems de avaliación das diferentes tarefas presentadas ao longo do documente. Deste xeito, unha vez rematada a sesión, indicarase, nunha escala do 1 ao 5 a consecución, ou non, dos diferentes obxectivos. Para isto, o 1 fai referencia á non consecución do indicador, e o 5 á correcta consecución do mesmo, habendo tamén valores intermedios.

TABOA DE AVALIACIÓN DAS TAREFAS
1
2
3
4
5
TAREFA 1





Consegue, a través de sopridos, que o globo se manteña no aire.





É capaz de dirixir o globo cara a meta empregando soamente a súa respiración, e adaptándose ao espazo dispoñible.





Logra manter o globo no aire empregando so una parte determinada do seu corpo.





TAREFA 2





É capaz de bailar seguindo o ritmo da música.





Controla o corpo en movemento, adaptando a resposta motriz ás dimensións e elementos do espazo.





TAREFA 3





Reproduce esquemas rítmicos.





Coordina as súas accións cosas das demais nenos e nenas.





TAREFA 4





Sinala correctamente as partes principais do corpo dos demais.





Reproduce movementos a partir de consignas verbais.





Leva a cabo diferentes tipos de desprazamentos.





Fía agrupacións de obxectos segundo as súas características (cor, tamaño).





Axusta os seus movementos ao espazo dispoñible.





TAREFA 5





Demostra axilidade nos seus movementos: saltos, desprazamentos etc.





Demostra equilibrio posturas nos movementos: trepando, saltando cos dous pes.





Aplica a coordinación óculo-manual ao facer lanzamentos.





Realiza diversos tipos de desprazamentos.





TAREFA 6





Identifica e localiza as diferentes partes do corpo.





Realiza diferentes tipos de desprazamento.





Coordina os seus movementos cos do outro compañeiro.





TAREFA 7





Demostra axilidade nos seus movementos.





Controla o corpo en movemento, adaptando a resposta motriz ás dimensións e elementos do espazo.





Recoñece con facilidade os números e cores.





Emprega as nocións espaciais para explicar a localización dalgún obxecto ou persoa.





TAREFA 8





Realizan xiros en función ao eixe vertical do corpo.





Son capaces de coordinar os seus movementos cos do resto de compañeiros.





TAREFA 9





É capaz de representar diferentes accións empregando soamente o seu corpo como medio de comunicación.





É capaz de recoñecer diferentes accións representadas polos seus compañeiros.





TAREFA 10





É capaz de relaxarse con facilidade.





É capaz de relaxarse e descansar cando hai un ambiente propicio.





É capaz de relaxar segmentos independientes do seu corpo.





TAREFA 11





Identifica e localiza as diferentes partes do seu corpo.





É capaz de realizar movementos segmentarios co seu corpo.